Free cookie consent management tool by TermsFeed
Historia
imprimir

Historia

As orixes

Con anterioridade ó século IX, a cidade de Santiago non existe como tal. Porén, as escavacións arqueolóxicas demostraron que no lugar que hoxe ocupa a cidade histórica, asentábase na Antigüidade unha vila romana que puido alcanzar unha certa importancia e que persistiu ata o século VII, pasando polo reinado dos suevos. Xunto ó recinto amurallado da "civitas" romana erixiuse, no século I, o mausoleo pagán que máis adiante daría orixe á catedral. Non hai dúbida de que, no mesmo século, nese mausoleo recibiron sepultura tres mártires cristiáns, nin do prolongado culto arredor do sepulcro, tal como testemuña o cemiterio cristián circundante que se utilizou ata o século VII.