Free cookie consent management tool by TermsFeed
Santiago en 1, 2 e 3 días
imprimir

Santiago en 1, 2 e 3 días

Aproveita ben o teu tempo

Non perdas o mellor de Santiago. Adiantámosche que un día é pouco, porque nun día só se pode ver a cara máis coñecida de Santiago, a súa postal máis levítica e monumental. A nosa proposta é para 3 días, xa que 3 días descobren moito máis: empézase a intuír a esencia de Compostela, e descóbrense algúns segredos que fan que a cidade pase a ser dun mesmo, máis aló da apresurada excursión turística.

E non esquezas que esta é ante todo unha cidade segura e tranquila, feita á medida do corazón, e que o máis importante é simplemente relaxarse, deixarse levar por ela, e gozar.